Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 00.16

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

o goberno propón liberalizar horarios

A Federación de Comercio di que a nova lei "só favorece a grandes superficies"

LUGO. EP  | 10.07.2012 
A- A+

O presidente da Federación Galega del Comercio, José María Seijas, criticou este luns o borrador elaborado polo Goberno central para a nova lei de comercio, que propón unha liberalización dos horarios.

"Iso é algo que non aceptamos. Hai que ter en conta que, en Galicia, as superficies menores de 150 metros cadrados podemos abrir sempre", argumentou e concluíu que este novo texto "só favorece ás grandes superficies".

Seijas considerou que é unha lei que o sector non quere nin acepta. "E non ten razón de ser porque ninguén a pediu", protestou.

O empresario lucense incidiu en que a federación traballa nas alegacións ao borrador e apelou ao compromiso da directora xeral de Comercio, Nava Castro, e do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, para lograr que se apliquen "os mínimos, ampliando a dez festivos a apertura en vez de oito".

Sobre a primeira semana de rebaixas, Seijas relatou que "os tres primeiros días a xente acudiu a comprar o que tiña escollido, que é o que verdadeiramente necesita". Despois, engadiu, "non "volve comprar".

En calquera caso, confía en que as previsións se cumprirán, pero "tirando á baixa". A estimación, apuntou, era que cada galego gastaría entre 65 e 70 euros. Unha semana despois de comezar as rebaixas, cre que a tendencia será máis cara aos 65 que cara aos 70.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS