Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

por unanimidade

A Fundación Curros Enríquez recoñece a Manolo Rivas co XXX premio 'Celanova, Casa dos Poetas'

SANTIAGO. EP  | 19.07.2014 
A- A+

A Fundación Curros Enríquez acordou este venres, por unanimidade, concederlle o XXX premio 'Celanova, Casa dos Poetas' ao xornalista e escritor Manolo Rivas, "por o seu longa e frutífera labor creativo, tanto nun coma noutro campo, ambos os dous tan significados tamén na biografía de Curros Enríquez".

Considera a fundación que "non hai ningún outro escritor na historia de Galicia que contribuíra tanto á internacionalización da literatura galega, ao conseguir publicar a súa obra nas máis prestixiosas editoriais europeas".

Así mesmo, os patróns da fundación entenden que, tanto "pola indiscutible calidade do seu traballo creativo", que foi levado ao cinema, como pola súa propia condición de xornalista "de prestixio" e de formador de opinión, contribuíu dunha forma "fundamental" non só a visualizar senón tamén a valorizar o idioma.

O XXX premio 'Celanova, Casa dos Poetas' será entregado o domingo 7 de setembro en Celanvoa, como é habitual, nunha xornada que tamén servirá para recordar novamente a Celso Emilio Ferreiro con motivo do 35 aniversario da súa morte.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS