Hemeroteca web
|
RSS
Mércores 22.05.2013
| Actualizado 14.10
malia os desencontros
A patronal galega reafirma o seu "rotundo respaldo" ao diálogo social
SANTIAGO. EP | 15.07.2012
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) expresou o seu rotundo respaldo ao proceso de diálogo social no que se atopa implicada xunto coa Xunta e as centrais sindicais.
Así o manifestou nun comunicado, no que sinalou que, "a pesar e os posibles desencontros que poidan xurdir nas súas mesas de negociación, este instrumento atesoura un valor inestimable para a proxección da economía e a mellora das relacións sociolaborais na comunidade".
A patronal galega asegurou que así o puxo de manifesto no transcurso da actual lexislatura coa sinatura de dous grandes acordos que permitiron a posta en marcha de iniciativas de relevancia para o tecido produtivo galego e o seu mercado de traballo.
Entre outras, detallou que se puxeron en marcha programas de apoio á internacionalización do tecido produtivo, de formación para o emprego, de apoio á creación e consolidación de empresas, e tamén programas específicos dirixidos a sectores claves da estrutura económica como o téxtil, a automoción ou o naval.
Por último, a organización empresarial fixo un chamamento á Administración galega para que siga liderando "ao igual que fixo nos últimos anos" este proceso e ás centrais sindicais para dar continuidade a un instrumento de concentración que "cobra máis sentido, se cabe, nestes difíciles momentos".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.