Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 14.09.2019 Actualizado 15:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta celebra este luns o Día Internacional do Libro cunha programación especial nas bibliotecas nodais

SANTIAGO. EP  | 22.04.2012 
A- A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra este luns o Día Internacional do libro cunha programación especial que se levará a cabo nas bibliotecas nodais de toda Galicia durante esta semana.

Talleres, contacontos, mostras de libros e actividades de 'bookcrossig' serán algunhas das iniciativas que propoñen as bibliotecas públicas de Santiago de Compostela, Lugo, Vigo, Pontevedra, Ourense e A Coruña para fomentar a lectura entre o público máis novo, detallou o departamento autonómico nun comunicado.

Deste modo, ao longo de toda ao semana os distintos centros ofrecerán visitas guiadas dirixidas a escolares e adultos, co fin de mostrar os distintos servizos das bibliotecas, o seu funcionamento e unha selección de libros curiosos.

A CORUÑA

Dentro do programa de actividades, a Biblioteca Pública González Garcés celebra o Día Internacional do Libro inaugurando o 23 de abril o servizo de empréstito de 'e-books' en domicilio e en sala. O mesmo día se desenvolverán actividades de 'bookcrossing' nas que se liberarán libros destinados a adultos.

Ademais, de luns a xoves Marina Mayoral ofrecerá nesta biblioteca nodal da Coruña o taller 'O proceso da creación literaria', no que se analizará o proceso da creación.

SANTIAGO, OURENSE E PONTEVEDRA

Pola súa banda, a biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela ofrecerá este luns aos nenos de máis de cinco anos a posibilidade de crear o seu propio libro nun taller que se desenvolverá na sala infantil ás 18.30 horas. Ademais, mostrará os seus espazos a todos os asistentes con visitas guiadas extraordinarias.

A actividade de cuentacuentos será a protagonista das celebración na Biblioteca Pública de Ourense, a cargo de Susana Villar; e na Antonio Odriozola de Pontevedra, a cargo de María Campos.

BIBLIOTECAS DE LUGO E VIGO

As actividades na Biblioteca pública de Lugo comezarán este luns coa inauguración do novo servizo 'A colección accesible a todos', con libros de letra grande, audiolibros películas con subtítulos para xordos ou libros de lectura en 'braille'.

Por último, na Biblioteca nodal de Vigo as accións organizadas con motivo do Día Internacional do Libro arrancarán tamén este luns ás 20.15 horas na hemeroteca co recital da poetisa Daisy Villalobos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS