Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 22.04.2014  | Actualizado 21.34

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ENCRUCILLADA NACIONALISTA

Continúa a vaga de abandonos no Benegá coa saída do 77% dos militantes do PNG-PG

Terceira escisión da fronte tras a separación de Encontro Irmardiño e +Galiza

SANTIAGO. EP  | 18.03.2012 
A- A+

Un 77 por cento dos militantes do PNG-PG decidiron abandonar o Bloque Nacionalista Galego e converterse así na terceira forza que se escinde da fronte, despois do Encontro Irmandiño e +Galiza.

É o resultado do IX Congreso Nacional Extraordinario do PNG, que rexistrou tamén un 18 por cento de votos en contra e un cinco por cento de abstencións no debate sobre deixar sen efecto a súa incorporación ao Bloque.

Entre os acordos aprobados no conclave está o "compromiso sincero" e "sen condicións previas" coa creación dunha gran forza política "galeguista e nacionalista, progresista e transversal" á que se poidan incorporar todos os galegos que participen destes principios".

"E que sexa capaz de liderar á maioría social de Galicia", inclúe o texto pactado. Os seus asinantes, ademais, expresan a súa "vontade" de "confluír cos grupos e persoas" que asuman os postulados aprobados por esta formación para traballar así en favor da creación desa gran forza "galeguista e nacionalista".

NOVA FORMA DE FACER POLÍTICA

Ademais, do congreso do PNG-PG saíu aprobada "unha nova maneira de exercer a actividade política", que estea "asentada na transparencia e na ética" e que "dignifique" o servizo público a Galicia. Neste sentido, os seus militantes apostan por "un novo modo de achegarse aos desafíos" da Galicia do século XXI, "cunha política pensada e centrada nas persoas".

Igualmente, propoñen "facilitar" a participación na toma de decisións políticas por parte dos cidadáns e defenden como "absolutamente prioritario" ampliar a base social do galeguismo e o nacionalismo.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS