Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 16.10.2017 Actualizado 13:18
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

máis polémica

Abel Caballero arremete contra o Bloque por opoñerse a algunhas obras

O alcalde olívico acusa o BNG de estar nunha "carreira disparatada" para "evitar a súa desaparición" en Vigo

VIGO. EP  | 11.12.2014 
A- A+

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este xoves ao BNG de estar "nunha carreira disparatada para evitar a súa desaparición" na cidade e criticou que queira "afundir" Vigo a opoñerse a obras como as humanizacións ou a instalación dun barco nunha rotonda do barrio de Coia.

En declaracións aos medios sobre a presentación dunha moción do grupo nacionalista referente á polémica do barco, o alcalde insistiu en que foron precisamente o BNG e o PP os que gastaron "centos de miles de euros" na restauración do pesqueiro 'Bernardo Alfageme' e logo "o"deixaron afundir e que se podrecese no fondo do mar".

Ademais, acusou os nacionalistas de dar "cifras disparatadas" sobre o custo da instalación do barco na rotonda e subliñou que o BNG "está en vías de desaparición" de Vigo, e por iso pretende "afundir a cidade". Como exemplos, citou a súa oposición á construción de parques infantís ou ás bolsas de inglés.

Caballero insistiu en que os que agora se opoñen a este proxecto son os mesmos militantes do PP e BNG que no seu día se manifestaron contra as humanizacións e que, ao igual que entón, "a cidade os vai castigar, lles vai pasar por enriba".

Sobre o acordo plenario para trasladar o barco ao Museo do Mar, o alcalde reiterou que, como rexedor "elixido democraticamente", asume a súa competencia de gobernar neste mandato, e augurou que o fará tamén os próximos catro anos "e ao mellor, outros catro anos despois".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS