Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 22.05.2013  | Actualizado 10.31

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

voceiro dos socialistas

Abel Losada pide "baixar o nivel de ruído" no PSdeG

Avoga por que Silva chegue a un acordo con Pachi Vázquez para deixar un cargo // Espera que Feijóo non vaia "buscar votantes" a Sudamérica "con fondos públicos"

Abel LosadaFOTO:
Abel LosadaFOTO:

SANTIAGO. EP  | 02.07.2012 
A- A+

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, avogou por que o tenente de alcalde de Vigo e deputada no Congreso, Carmela Silva, chegue a un acordo co secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, para deixar un dos seus cargos e así "baixar o nivel de ruído" no seo do partido.

Nunha entrevista concedida á Cadena SER, que recolle Europa Press, Abel Losada mostrouse partidario de que "Carmela Silva debería de falar co secretario xeral e o secretario xeral con ela, e deberían tratar de chegar a un acordo, e ver o momento no que o deixaba... Porque é certo que ela manifestou que ía deixar un dos cargos que ocupaba".

 Ao respecto, subliñou que "é un tema no que se presentan, claramente, discrepancias sobre a interpretación do regulamento". "Eu son sempre partidario de que as diferenzas de ámbito orgánico e interno se manteñan na organización porque creo que, aos cidadáns, o que lle interesan son as propostas políticas".

Por iso, reiterou que a dirección do PSdeG fixo "un chamamento claro ao diálogo e á busca dunha vía de saída a estas discrepancias", de forma que "convén baixar o nivel de ruído" que "os medios de comunicación axudan a amplificar".

Tras explicar que el tamén é amigo tanto do alcalde de Vigo, Abel Caballero, coma de Carmela Silva, apostou por "compatibilizar o regulamento" con cuestións conxunturais que poden adecuar a aplicación dese regulamento".

"ESPERO QUE FEIJÓO NON BUSQUE VOTANTES CON FONDOS PÚBLICOS"

A preguntas sobre a viaxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizará este mes a Sudamérica, Losada advertiu: "Espero que non vaia buscar votantes con fondos públicos", polo que agarda que "se separen claramente os obxectivos" de Goberno galego e partido.

Así, defendeu que, na anterior lexislatura, o daquela presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, "cada vez que facía unha viaxe comparecía no Parlamento", mentres que "lamentablemente, o señor Feijóo non o fixo" na súa viaxe a México da que "trouxo un pretendido contrato", a cal "non era máis que unha declaración de intencións".

VÁZQUEZ, "O ÚNICO" NA ACTUALIDADE PARA AS PRIMARIAS

Noutra orde de cousas, Losada mostrouse "absolutamente partidario" da participación democrática dos militantes no partido mediante un proceso de primarias.

 Así, remarcou que Pachi Vázquez deixou claro que o próximo 21 de xullo se convocarán as primarias, e na actualidade, "é o único que manifestou a súa vontade de presentarse".

COMISIÓN CAIXAS

Preguntado pola futura comisión de investigación sobre a xestión das antigas caixas, Losada contestou que: "Ata agora, estamos na fase na que o presidente Feijóo é especialista en propaganda". E é que "a petición que rexistrou o PP aparece condicionada ao final do proceso capitalizador" de Novagalicia.

Para Losada, "a transparencia é un xerador de confianza", e se esta comisión tivese lugar "no seu momento" pois "hoxe sería máis doado capitalizar Novagalicia Banco". Por iso, avogou por investigar "aínda que solo sexa para non repetir os erros do pasado".

No tocante aos afectados polas preferentes, Losada remarcou que considera "imprescindible" ofrecer solucións a persoas "que foron enganadas", e o próximo martes un grupo deles serán recibidos polo secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS