Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 26.05.2013  | Actualizado 02.18

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Aberto o certame de investigación Condado Pallares, ao que se deberán presentar orixinais inéditos en galego

LUGO. EP  | 05.07.2012 
A- A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este mércores o certame de investigación Condado Pallares, que organiza a Asociación de amigos do Mosteiro Ferreira de Pallares en colaboración coa Xunta, a Deputación de Lugo e os municipios lucenses de Guntín e Taboada.

O certame, no que poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que presenten escritos orixinais e inéditos en lingua galega, trata de promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e folclore no antigo territorio que conformaba este condado, que comprende os municipios de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo.

García destacou que se trata dunha das bisbarras "máis interesantes", "pola grande expectación que esperta entre os investigadores no ámbito da historiografía galega". Ademais resaltou que se traballa "muchísimo" o ámbito de investigación do "galego histórico" na zona.

Por outra banda, lamentou que o uso dos topónimos se tome por riba, en reproche aos municipios de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, que na revista 'Galicia Bilingüe se presentaban como Puebla del Caramiñal e Riveira.

García recordou que a toponimia oficial "está fixada por un decreto e, polo tanto, é inamovible". "Está estudada por unha comisión de toponimia, polo tanto por unha comisión de expertos, polo que a toponimia non é que a alguén se lle ocorrese poñer un nome a un sitio e xa está. A toponimia é o nome dos sitios e por lei está fixada", insistiu.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS