Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 20.01.2020 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Activado o Plan especial por risco de inundacións ante o aumento de caudal de diversos ríos en Galicia

SANTIAGO. EP  | 13.12.2019 
A- A+

A Dirección Xeral de Emerxencias activou o Plan especial por risco de inundacións debido ao incremento de caudal de diversos ríos da comunidade galega.

En concreto, segundo informou o 112 Galicia, a última hora do xoves detectouse nos ríos Ouro, Landro, Covo (Lugo), Eume, Mandeo, Mero, Xallas, Ulla (Coruña), Umia e Verdugo (Pontevedra).

Así mesmo, este venres engadíase outra serie de ríos ao seguimento por crecidas, tras rexistrarse un aumento nos niveis no Landra, Parga e Arnoia.

Os servizos de Emerxencias advirten de que poderían producirse inundacións puntuais nas súas contornas, e recomendan extremar as precaucións, como retirar os vehículos do bordo dos ríos ou abandonar as actividades en cursos fluviais.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS