Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 31.10.2014  | Actualizado 12.23

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A actriz María Castro conducirá unha gala de premios Mestre Mateo "optimista" e que ten como argumento a crise

Na cerimonia, dirixida por Ángel de la Cruz, farase entrega do premio de honra á produtora Dolores Ben

María CastroFOTO:
María CastroFOTO:

A CORUÑA. EP  | 16.04.2012 
A- A+

A actriz María Castro será a encargada de conducir este ano a gala dos premios Mestre Mateo, que se celebrará o 28 de abril en Palexco, na cidade de A Coruña, e que repasará as crises dos últimos séculos, dende a Revolución Industrial, a través de sketches humorísticos e espectáculos musicais.

Así o explicou, en rolda de prensa, a coprodutora executiva da gala, María Liaño, quen sinalou que se utiliza como argumento a crise pero "non dende o derrotismo", senón que será unha gala "optimista".

Pola súa banda, María Castro, acusou a gala de "atípica", posto que a actriz terá que bailar e cantar ao tempo que conduce a gala. "É un reto pero espero estar á altura das circunstancias", engadiu.

Na gala, dirixida por Ángel de la Cruz, farase entrega do premio de honra Fernando Rey 2011 á produtora Dolores Ben pola súa destacada traxectoria. O acceso á cerimonia é con convite pero poderase ver en directo a través da TVG e terá unha duración estimada de dúas horas, segundo Liaño.

AXUDAS AO SECTOR AUDIOVISUAL

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fernández, destacou o labor do audiovisual galego en tempos de crise, afirmado que a calidade das producións "non mingua a pesar da crise", ao tempo que anunciou que o día 19 se darán a coñecer as axudas ao audiovisual galego "co mesmo importe que o do ano pasado" de 2.900.000 euros.

Mentres, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, defendeu o financiamento público-privada da cultura en referencia ás entidades que patrocinan esta gala. "É o camiño polo que hai que transitar", apostilou.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS