Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 12.15
Dende que se fixeran público os recortes de máis dun 60% das axudas ao sector do carbón a solidaridade e a loita pola dignidade expandiuse polas concas mineiras de Asturies, León, Zamora, Palencia e Teruel.
E é que todo parece indicar que non sabemos moi ben para que está o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Se o seu obxectivo é desmantelar a industria do carbón e condear ao ostracismo a ducias de comarcas asturianas e leonesas podrían facer un distes decretazos de venres que xa nos ten acostumados Rajoy e aforrarse o ministerio fantasma.
A intriga sobre cal é a laboura do ministro Jose Manuel Soria López. Claro que podes escribirlle un correo electrónico amosando a túa preocupación polo futuro do sector do carbón.
O goberno dos decretazos e a opacidade fai caso omiso das peticións dos mineiros, as súas familias e as comarcas que están volcadas polo futuro do traballo garante do benestar das xeracións venideiras. O ministro de Industria, Jose Manuel Soria, non ten contento nin aos do seu propio partido. Lembremos as declaracións do alcalde de Toreno localidade leonesa gobernada polo PP), Pedro Muñoz que dixo: “tonto del culo, ¿pero, a este tío, quién lo ha puesto ahí?”.
O certo é que as axudas redúcense, os plans de reactivación das concas mineiras non se saben onde van e a reindustrialización tan soada non se sabe moi ben en que consiste se non vai dotada dun bo orzamento. Pero resulta curioso que na web do ministerio de Industria, Enerxía e Turismo teñan a desFACHATEz de falar dun Plan de Reestructuración da Minería e Reactivación das Comarcas ¿Estannos a tomar o pelo? ¿Venden fume ou os mineiros non se enteran? ¿Esperan que ca resaca da Eurocopa a xente ignore a situación dos mineiros?
Están xogando a ir pasando a pelota de declaración en declaración, a ver se a xente deixa de preguntar polos cartos que o sector do carbón precisa e todo pasa axiña. De momento o futuro é incerto pero polo camiño vainos deixando un sinfín de testemuñas gráficas que xa forman parte da Marcha Mineira pola Dignidade e o Traballo. Folgas, concentracións, pechamentos en minas, barricadas... e agora... Marchas Negras hacia Madrid para reclamar o que é das xentes das comarcas leonesas e asturianas, o traballo e o benestar. Columnas de milleiros de mineiros xuntos pola dignidade a para reclamar o que é diles.
Niste sentido a represión que se está a producir, tanto policial como política (lembremos o expediente que lle abriron ao senador do PP Morano por posicionarse contra os recortes ao carbón) é inaudita, claro que non se pode esquecer o escaso eco mediático que ten a loita mineira, soo se mediatizan os episodios que os mass media ven máis exóticos ou entretidos, case sempre alexándose dunha visión obxectiva que narre os feitos ao detalle.
O caso é que durante o mes de xuño as comarcas mineiras están movilizadas en bloque pola dignidade colectiva dun pobo que loita polo seu futuro e un sector produtivo clave para o desenrolamento das comarcas leonesas, asturianas e palentinas. Lemas como: “Máis minería e menos policía”, “Mineiros do carbón, queremos solución” ou o xa mítico “Eiquí están, estas son as mulleres do carbón”. Mulleres bravas e loitadoras que van a Madrid as veces que faga falla para lembrarlles aos políticos que as comarcas rurais teñen direito a vivir dos seus propios recursos e traballo sen ter que verse condeados a emigrar e estar precarizados.
Por todo isto e moito máis os mineiros merecen todo o respeto do pobo. Toda solidariedade será pouca para con aquelas xentes que loitan polo futuro do emprego, as comarcas mineiras e a dignidade dun pobo que non se deixa asoballar.
Ángel Amaro Quintas
Sociólogo
