Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 20.01.2020 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Adif non concreta prazos para a chegada do AVE a Galicia

"Coñecen o traballo que estamos a facer", replica a súa presidenta ao ser preguntada polas críticas da Xunta

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e a presidenta de Adif,Isabel Pardo de Beira, informan sobre o AVE  - FOTO: DELEGACIÓN DEL GOBIERNO
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e a presidenta de Adif,Isabel Pardo de Beira, informan sobre o AVE - FOTO: DELEGACIÓN DEL GOBIERNO

A CORUÑA. EP  | 13.12.2019 
A- A+

A presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), Isabel Pardo de Vera, admitiu que non é posible concretar prazos para a chegada da AVE a Galicia, aínda que defendeu o "ritmo frenético" das obras.

Fíxoo nunha rolda de prensa ofrecida xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, con motivo dunha reunión para abordar os investimentos de Adif na Comunidade. Preguntada se non hai un horizonte temporal para a chegada a Ourense, admitiu que non o hai. "Non, porque as probas non empezaron", expuxo.

Con todo, mostrouse "optimista" polos resultados obtidos nos tramos nos que si se realizaron e polo feito de que sexa unha liña "coa mesma tecnoloxía". Mentres, e en resposta ás críticas desde a Administración autonómica sobre os prazos, asegurou que "coñecen o traballo que estamos a facer".

"Connosco non son nada críticos, hai unha relación de lealdade técnica", sentenciou a este respecto. Desta infraestrutura, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, expuxo, á súa vez, que "non hai marcha atrás" e que os traballos van "ao ritmo marcado". "Coa velocidade establecida polos prazos", apostilou.

ESTADO DAS OBRAS
Na comparecencia ofrecida por ambos, a presidenta de Adif detallou o estado das obras, explicando que se traballa para ter en todos os tramos os sistemas de seguridade ERTMS nivel 2 e ASFA.

Das probas até Pedralba de la Pradería (Zamora), dixo que "están a ir moi ben" e explicou que a previsión é contrastar o funcionamento da vía entre Zamora e Pedralba entre xaneiro e febreiro a 300 quilómetros por hora, coas probas de fiabilidade e de tensión da liña, formación de maquinistas e entrega de documentación a continuación.

"Para final da primavera, ese é o horizonte", afirmou sobre a posta en servizo da liña até Pedralba, aínda que apelando á "prudencia" en relación aos prazos. Deste punto até Taboadela (Ourense), trabállase, segundo explicou, con cinco equipos humanos, que instalan un quilómetro de vía en placa cada día, á vez que se coordina coa montaxe da catenaria, para preparar a posta en marcha simultánea de ambas as vías, a dereita e a esquerda.

Respecto diso, explicou que as probas de carga empezarán "en marzo" neste último tramo. "Estamos convencidos de que as probas se nos van a dar aínda mellor", insistiu a presidenta de Adif, quen recalcou que non hai en España unha obra con "tal ritmo frenético".

ESTACIÓN INTERMODAL DE A CORUÑA
Noutra orde de cousas, e preguntada pola estación intermodal da Coruña, Pardo de Vera explicou que "falta a aprobación definitiva en Consello de Ministros". En canto á conexión ferroviaria ao porto exterior, defendeu que Adif non concibe "o Corredor Atlántico Ferroviario sen a conexión aos portos". "Outra cousa é como se consensúa o financiamento", apostilou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS