Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 08.12.2016 Actualizado 13:17
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Adolfo Domínguez chega ao mercado de Qatar coa apertura da súa primeira tenda en Doha

Adolfo Domínguez
Adolfo Domínguez

MADRID. EP  | 27.02.2012 
A- A+

Adolfo Domínguez entrou en Qatar coa apertura da súa primeira tenda na cidade de Doha, coa que prosegue os seus plans de expansión internacional, segundo informou a compañía.

O novo establecemento, que opera en réxime de franquía, foi inaugurado o 16 de febreiro nos grandes almacéns Lagoona Mall, cunha superficie de 278 metros cadrados.

Esta apertura, que se suma ás realizadas recentemente en China, Líbano e Paraguai, reforza a presenza do grupo de moda en todo o mundo.

Segundo os últimos datos achegados pola compañía, Adolfo Domínguez contaba ao peche de novembro cunha rede comercial de 713 establecementos, 237 no exterior.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS