Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O aeroporto de Santiago ofrece un novo servizo de aparcamento por tres euros ao día

SANTIAGO. EP  | 17.08.2012 
A- A+

O aeroporto de Santiago puxo en marcha un novo servizo de aparcamento 'Valet Joven' que ofrece as tarifas de aparcamento máis baixas da cidade e onde se pode aparcar por tres euros ao día.

Este novo servizo, que require reserva previa a través da web www.santiagovaletparking.com, permite ao usuario deixar o seu vehículo no aparcamento da antiga terminal cun custo de tres euros ao día en estanzas superiores a sete días. Os tres primeiros días custarán 10 euros e, a partir de aí, cada día sumará 3,5 euros ata o sétimo día, dende o cal cada xornada terá un custo adicional de tres euros.

Unha vez aparcado o vehículo nunha das 150 prazas, os pasaxeiros poderán acceder a través do vial peonil ata a terminal actual do aeroporto santiagués, un percorrido duns 800 metros.
A nova oferta comercial nos aparcamentos responde á intención de axustarse ás necesidades dos seus usuarios e ofrecerlles un servizo competitivo.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS