Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, novo nome oficial da terminal compostelá en homenaxe á escritora

SANTIAGO. EP  | 02.04.2020 
A- A+

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o novo nome oficial da terminal compostelá de Lavacolla: Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, en honra á escritora galega do século XIX.

O cambio foi impulsado con Compostela Aberta á fronte do Consistorio da capital galega, no anterior mandato local, e posteriormente obtivo o respaldo de todas as forzas políticas, como se evidenciou a través dunha iniciativa aprobada por unanimidade no Parlamento.

O acordo que publica este xoves o BOE certifica que o Concello de Santiago acordou solicitar ao Ministerio e a Aena o cambio de denominación para "pór de manifesto a relevancia da escritora máis representativa da lingua galega, con motivo do 180 aniversario do seu nacemento".

Coa denominación do aeroporto de Santiago co nome de Rosalía de Castro, reivindícase --engade o documento oficial-- "a súa memoria, a súa contribución á literatura europea e a súa loita pola recuperación e forxa da identidade de Galicia".

A orde, que subscribe o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, conclúe que os gastos derivados do cambio de denominación proposto serán sufragados polo Consorcio de Santiago.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS