Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 13:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os aeroportos galegos gañan case 150.000 pasaxeiros en oito meses e superan o medio millón en agosto

SANTIAGO. EP  | 12.09.2019 
A- A+

Os aeroportos galegos gañaron case 150.000 pasaxeiros nos primeiros oito meses do ano e superaron o medio millón de viaxeiros en agosto.

Así o reflicten as estatísticas feitas públicas este xoves por Aena, segundo as cales as tres terminais galegas recibiron entre xaneiro e agosto deste ano 3.536.461 pasaxeiros, un 4,4% máis que no mesmo período do ano anterior.

En concreto, o aeroporto de Santiago acolleu a 1.947.526 pasaxeiros até agosto, un 6,3% máis, mentres que pola Coruña pasaron 897.357, un 10,6% máis. En Vigo, en cambio, os usuarios caeron un 7%, até os 691.678.

En canto ás operacións, o aeroporto de Santiago foi o único dos galegos que creceu entre xaneiro e agosto, un 2,2%, até as 14.975. Pola Coruña, pola súa banda, pasaron 11.570 voos, un 0,4% menos, e en Vigo diminuíron un 6,9%, até os 7.855.

No mes de agosto, o tres aeroportos galegos superaron o medio millón de pasaxeiros, concretamente 511.330, un 2,5% máis que hai un ano. Por aeroportos, destaca o incremento na cifra de pasaxeiros en Santiago --que chegou aos 295.425, un 10,4% máis-- e da Coruña, cun crecemento do 9,8%, até 120.144 usuarios.

Pola contra, en Vigo, o cesamento de operacións de Ryanair tivo como consecuencia unha diminución de pasaxeiros do 21,5%, até 95.761.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS