Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 12.12.2018 Actualizado 13:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os aeroportos galegos gañan case 34.000 pasaxeiros en febreiro, un 11,8% máis

Entre xaneiro e febreiro pasaron polo tres aeroportos preto de 649.000 usuarios

SANTIAGO. EP  | 12.03.2018 
A- A+

O tres aeroportos galegos rexistraron case 34.000 pasaxeiros máis durante o mes de febreiro, o que supón un crecemento do 11,8% en relación aos usuarios do mesmo mes do ano pasado.

Segundo as estatísticas feitas públicas este luns por Aena, durante o segundo mes de 2018 pasaron polo tres aeroportos galegos algo máis de 320.000 pasaxeiros, dos que 167.158 fixeron uso do de Santiago, 86.596 do aeroporto da Coruña e 66.323 do aeródromo vigués.

Por aeroportos, o que experimentou un maior crecemento en febreiro foi o de Peinador, cun 13,9% máis de pasaxeiros que hai un ano. O de Lavacolla, pola súa banda, viu incrementarse un 12,4% os seus usuarios e no de Alvedro aumentaron un 9,3% en relación a febreiro de 2017.

En canto ás operacións, en Santiago rexistráronse 1.426, un 12,8% máis; na Coruña 1.232, un 5,2% máis e en Vigo os voos incrementáronse un 9,9%, até os 786.

Finalmente, as mercadorías transportadas aumentaron un 26,9% en Vigo e un 24,4% en Santiago, mentres que na Coruña diminuíron máis dun 40% en relación a un ano antes.

DATOS ACUMULADOS
Entre os meses de xaneiro e febreiro pasaron polo tres aeroportos galegos case 649.000 pasaxeiros, segundo os datos de Aena.

En concreto, polo aeroporto de Santiago pasaron máis de 344.000 persoas, un 11,9% máis que hai un ano. O aeroporto da Coruña, pola súa banda, rexistrou un crecemento do 12,5% neste período, até os 134.427 pasaxeiros e o de Vigo, con 170.390, incrementou este índice un 9,4%.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS