Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os afectados por ERTE suman uns 3.000 traballadores en 24 horas e chegan case a 203.000

SANTIAGO. EP  | 07.04.2020 
A- A+

Galicia conta con 31.828 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) activos a raíz do estado de alarma polo coronavirus, con 202.838 afectados, segundo datos deste martes.

En comparación co luns, os traballadores son case 3.000 máis, mentres os ERTE elévanse nuns 500 en 24 horas, segundo a información achegada pola Consellería de Economía.

Por provincias, Pontevedra ten o maior número de traballadores inmersos, con 66.181, en 11.048 ERTE. Séguelle A Coruña, con 56.353 afectados en 12.220 expedientes de regulación.

En Ourense hai 3.849 empregados en 15.221 expedientes. En Lugo, son 3.790 traballadores nun total de 13.448 de ERTE.

A nivel autonómico teñen lugar un total de 921 expedientes de regulación, con 15.604
empregados. Os ERTE de carácter estatal con impacto en Galicia alcanzan a 36.031 traballadores.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS