Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 26.06.2019 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

presenta o libro esre xoves

Afonso Eiré narra en 'Belesar' os efectos dun encoro singular, "espello do réxime" franquista

Critica que se dea "tanta importancia" aos tremores en Castellón cando en Galicia se producen terremotos "iguais" e "causados polos encoros"

SANTIAGO. EP  | 17.10.2013 
A- A+

O xornalista Afonso Eiré presentará este xoves en Santiago o seu libro 'Belesar. O orgullo de España', unha obra na que analiza as consecuencias da construción deste "encoro singular" que se converteu en "símbolo do franquismo" e "espello do réxime".

Cando se cumpren 50 anos da inauguración do encoro, Afonso Eiré recolle nesta obra, publicada por Hércules Ediciones, aspectos da construción da infraestrutura, o anegamiento de aldeas, as expropiacións ou a propia construción, na que participaron "presos políticos".

Nunha entrevista concedida a Europa Press, Eiré recordou que o encoro de Belesar foi "singular" tanto en Galicia coma en España no seu momento polo seu tamaño e dificultade técnica, e pronto se converteu en "símbolo do franquismo". "Era máis visitado que a Catedral de Santiago", sinalou o autor.

Ademais dos datos referidos á propia construción do encoro, Eiré recolleu nas páxinas de 'Belesar' a vida da sociedade do momento nesta zona, as características do ámbito e a economía baseada "no río Miño" que desapareceu coa inundación dos terreos. Case todos, recordou, fóronse "á emigración" tras a construción da infraestrutura.

Para a redacción desta obra, Eiré contou co acceso en primicia aos arquivos de Fenosa sobre o salto de Belesar, así como co testemuño de persoas que traballaron e viviron alí na época.

Como curiosidade, Afonso Eiré destacou que, mentres que nos arquivos oficiais consta que quedaron baixo o encoro 11 núcleos de poboación, as súas indagacións botaron un número superior, de 26 lugares que "desapareceron" baixo as augas e dos que "non hai constancia documental".

MOVEMENTOS SÍSMICOS

Na obra tamén se fai referencia aos movementos sísmicos que se rexistran en toda a zona dende a construción do encoro de Belesar.

"Estáselle a dar tanta importancia ao que está a pasar en Castellón, e os terremotos en Galicia son igual de importantes e están causados pola construción de encoros", explicou Eiré en referencia á polémica xerada polos sismos derivados da plataforma de gas Castor.

"Sábese, por estudios doutras partes do mundo, que os grandes encoros inducen terremotos, tanto nas obras como ao encher ou baleirar auga", sentenciou Afonso Eiré, quen criticou que a Xunta iniciou despois das primeiras alertas por esta cuestión un estudio os resultados do cal "nunca se deron a coñecer".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS