Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 20.08

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

operación pokemon

O alcalde de Boqueixón, en liberdade con fianza de 10.000 euros

O funcionario do concello de Santiago Román Otero foi posto en liberdade

Adolfo Gacio á chegada aos xulgadosFOTO:
Adolfo Gacio á chegada aos xulgadosFOTO:

22.09.2012 
A- A+

Adolfo Gacio, que chegou á sede xudicial, escoltado por axentes de Aduanas e esposado, empezou a súa declaración pasadas o oito da tarde e permaneceu preto de tres horas ante a maxistrada. Non puido abandonar as instalacións ata que reuniu o diñeiro xa que Pilar de Lara foi inflexible. Fontes da contorna de alcalde aseguraron que se atopaba ben de ánimo e que reiteraba que todo o proceso axustouse á legalidade. O seu nome, no entanto, aparece nalgunhas conversacións telefónicas intervidas a algúns implicados.

O primeiro dos 13 imputados que compareceu ante a maxistrada foi o funcionario compostelán Román Otero que quedou en liberdade, segue imputado á espera de que se complete esta fase e non se lle aplicou ningunha medida cautelar. Unha decisión que era esperada tendo en conta que foi o único do tres acusados que chegou ás dependencias xudiciais sen esposas e con escolta mínima.

Román Otero é xefe de sección do Servizo de Contratación e foi detido en relación cunhas escoitas telefónicas nas que se lle citaba entre algún dos imputados. Este funcionario non ten poder decisorio sobre contratacións (ver páxina 8) e a súa función limítase á de elaborar os contratos e chamar a empresas para participar nos concursos que convoca o Concello de Santiago. A xuíza preguntoulle se axilizara un expediente a cambio de que esa empresa contratase a un parente.

Alberto Quintana foi o terceiro dos imputados que declarou ante o xuíz, coa que permanecía á hora de elaborar esta información, pasada a medianoite.

Pilar de Lara seguirá hoxe coa toma de declaracións aos detidos no marco da operación Pokémon. Entre os arrestados que están pendentes de pasar a disposición xudicial atópanse o rexedor ourensán, Francisco Rodríguez; o exedil de Lugo, Francisco Fernández Liñares, e os máximos responsables do Grupo Ventax

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS