Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

O alcalde de Castrelo (Ourense) defenderá "acordos de gobernabilidade" cos escindidos do BNG

22.02.2012 

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O alcalde da localidade ourensana de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, que acaba de acceder á Executiva do BNG a través da lista que impulsaron Máis Galiza e Encontro Irmandiño --e tras a marcha dos membros do partido que lidera Xosé Manuel Beiras--, está a favor de que se alcancen "acordos de gobernabilidade" cos escindidos naqueles concellos nos que o Bloque gobernou ata agora.

Esta postura defenderaa ante a dirección do BNG o próximo luns se a petición de devolución de actas aos concelleiros que abandonen o BNG non se acompaña dunha dispoñibilidade a dialogar cos que deixen o seu militancia na formación nacionalista.

Xurxo Rodríguez, que no seu día pertenceu a Máis Galiza pero que fai máis dun ano que non segue na corrente que lidera Carlos Aymerich, accedeu como independente á candidatura conxunta que encabezaba Beiras e que tiña o propio exvoceiro parlamentario como aspirante á Presidencia da Xunta.

Ademais fíxoo dende a bisbarra de O Ribeiro, na cal defendeu un texto alternativo ás teses que serviron de base na asemblea, as promovidas pola plataforma Alternativa pola Unidade --auspiciada pola UPG--, e que chegou a debaterse nas comisións da fin de semana asambleario.

Por iso, como representante dese colectivo de militantes asegurou, en declaracións a Europa Press, que é necesario abrir un diálogo para favorecer a "gobernabilidade" nos concellos nos que haxa escindidos, tal e como se pacta co PSOE. "Con máis razón", alega en referencia a establecer pactos con militantes que agora deixan o BNG pero que son "nacionalistas".

Así mesmo, argúe que o BNG "se presenta como fronte política" a unhas eleccións, polo que se unha parte decide marchar, iso "non imposibilita" establecer acordos. "Vai ser un goberno nacionalista", dixo.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS