Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.12.2017 Actualizado 20:02
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O alcalde da Coruña viaxará a China para reforzar a colaboración co distrito de Yantian

Forma parte dunha comisión na que tamén estará o presidente da patronal coruñesa, Antonio Fontenla

A CORUÑA. EP  | 18.04.2017 
A- A+

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, viaxará esta semana a China para reforzar a "cooperación comercial, cultural e turística" entre a cidade herculina e o distrito de Yantian, na cidade de Shenzhen, segundo informa o goberno local.

Farao, segundo precisa, como parte dunha comisión, na que tamén estará o presidente da patronal coruñesa, Antonio Fontenla, e que ten como obxectivos "profundar nas vías de cooperación entre A Coruña e esta cidade e manter contacto periódico para explorar áreas de interese común", apostila.

Entre outros actos, Ferreiro participará na colocación da primeira pedra dunha réplica da Torre de Hércules, que se construirá no Parque da Amizade Internacional do Monte Yandun.

A delegación visitará tamén a terminal internacional de colectores de Yantian e o centro administrativo do distrito, entre outros actos programados.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS