Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 06.12.2019 Actualizado 13:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O alcalde de Monforte, investido presidente da Deputación de Lugo, asegura que se abre "unha nova etapa"

O socialista José Tomé, elixido novo presidente da Deputación de Lugo, posa xunto aos deputados provinciais
 - FOTO: DIPUTACIÓN DE LUGO
O socialista José Tomé, elixido novo presidente da Deputación de Lugo, posa xunto aos deputados provinciais - FOTO: DIPUTACIÓN DE LUGO

LUGO. EP  | 19.07.2019 
A- A+

O alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, foi investido presidente da Deputación de Lugo co respaldo dos representantes do seu grupo e o tres deputados do BNG. "Abrimos unha nova etapa", sinalou.

A sesión arrincou pasadas as 12,00 horas no salón de plenos do Pazo de San Marcos, ao que acudiron os anteriores presidentes desta institución, Darío Campos e José Ramón Gómez Besteiro. Ademais, tamén asistiron o delegado do goberno, Javier Losada; o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outras autoridades.

Despois de socialistas e nacionalistas selasen na xornada do mércores un acordo de goberno para esta institución que inclúe unha vicepresidencia para a nacionalista Maite Ferreiro, a suma dos dez deputados do PSOE e o tres do Bloque elevou á presidencia a Tomé. Pola súa banda, os doce deputados populares votaron polo seu portavoz, Elena Candia.

DEMOGRAFÍA E ENVELLECEMENTO
Nun discurso de apenas dez minutos, o novo presidente comprometeuse a combater a "caída demográfica e o envellecemento da poboación.

Á súa vez, destacou que "deputación vai ser o concello dos concellos" de forma que buscará "ser útil a todos e a todas as lucenses". Para iso, pediu "a colaboración e a complicidade de todos; de grupos políticos, sindicatos, empresarios e tamén o tecido asociativo".

Tamén puxo en valor a "obrigación de dignificar a vida política" antepondo "honestidade, transparencia, diálogo e rigor" en todas as actuacións que leve a cabo.

"Abrimos unha nova etapa", sinalaba Tomei querendo afastarse da herdanza do convulsos catro anos da lexislatura recentemente concluída, cos vaivéns de Manuel Martínez que lle valeron a expulsión do grupo provincial socialista.

"ILUSIONADO"
Antes do pleno, o alcalde de Monforte confesábase "moi ilusionado" para "levar a cabo o programa" acordado entre BNG e PSOE e avanzou que o pleno de organización poderase celebrar o próximo día 30 de xullo.

"Tiñamos a obrigación o partido socialista e o BNG de chegar un acordo para dar resposta ao que dixeron os cidadáns o 26 de maio, que era formar un goberno de progreso e de esquerdas para impulsar políticas que beneficien aos concellos e aos cidadáns", esgrimía.

A deputada nacionalista, Maite Ferreiro, que se converterá en vicepresidenta, avogaba por "un goberno estable, un goberno que prime sobre todo a atención e a defensa dos servizos públicos". "Queremos un goberno transparente e que a institución preste unha atención á defensa da igualdade", avanzou Ferreiro, que pediu "non esquecer" a necesidade dun adelgazamento das institucións, da deputación".

Pola súa banda, a portavoz do PP, Elena Candia, afeou que se elixa ao presidente que obtivo "menos respaldo" desde 2007 e afeoulle que non entrase "das mellores formas" en referencia á súa disputa con Darío Campos.

A sesión arrincaba ás doce do mediodía, presidindo a mesa como o máis maior o ex alcalde de Vilalba, o popular Agustín Baamonde, e como a máis nova, a alcaldesa de Trabada a socialista Mayra García.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS