Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.11.2017 Actualizado 20:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 6 de 15 noticia anterior de Galicia Galicia  |   RSS - Galicia RSS

insta a Xunta e Adif a coordinarse

O alcalde de Santiago avisa de que aínda non está "nin o proxecto" da intermodal

Compromete "lealdade institucional" pero solicita unha reunión "a catro" para que diferentes entes non traballen "en paralelo"

E.P. SANTIAGO  | 11.12.2015 
A- A+

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, advertiu de que "deberes" poden "poñelos todos", despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informase da licitación do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación de ferrocarril da capital galega por 307.000 euros.

Ao respecto, o rexedor, de Compostela Aberta, avisou de que aínda "non se ten nin o proxecto" e, malia mostrar a súa "lealdade institucional" e subliñar que polo Concello "non "vai ser", posto que será "facilitador" das cousas, instou a Xunta e Adif "a que se coordinen", ao percibir que están a traballar "en paralelo", o que, dixo, pode xerar "distorsións".

No conselo deste xoves, o Goberno galego autorizou a licitación do proxecto ao tempo que avanzou 6 millóns de inversión para esta intermodal e puxo deberes á Casa do concello para que "avance" a infraestrutura.

Preguntado este venres en rolda de prensa, despois da xunta de goberno, Noriega afirmou comprende que se está en época electoral", pero precisou que o que se licitou é a redacción do proxecto. "Que nin teñen", apostilou.

Así, aínda valorando esta noticia, o primeiro edil reiterou que por parte do Concello santiagués "non vai haber dificultades", e apuntou a que xa se"avanzou" en materia de expropiacións, por parte de gobernos anteriores.

Desta forma, a liña seguida, Martiño Noriega reclamou a Xunta e Adif que se coordinen, ademais de recordar o seu interese por celebrar unha reunión "a catro", entre Xunta, Casa do concello, Ministerio de Fomento e Adif, motivo polo que remitiu "un escrito oficial" este mesmo venres.

PROXECTO "INTEGRAL"
En canto ao proxecto, recalcou que o que "interesa" ao Concello --ao "conxunto" da cidadanía e "á maioría" da corporación, segundo sinalou-- é que se acabe materializando un "único" proxecto que sexa "integral" e que aposte por modalidade.

Por último, e aínda sobre os "deberes" de cada institución, Noriega valeuse do exemplo da variante de Aradas, para evidenciar cáles son os tempos dos procedementos administrativos, aínda en caso de existir proxecto redactado.


 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS