Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

iniciativa

Alegacións para frear a "privatización" da auga

02.04.2011  A Plataforma Galega presenta un escrito na Consellería esixindo que se derrogue a lei aprobada en solitario polo Partido Popular

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ROSABEL CANDAL . SANTIAGO

Carme Freire, voceira da Plataforma contra a Lei de augas, onte, entregando as alegacións na Xunta FOTO: AXENCIAS
Carme Freire, voceira da Plataforma contra a Lei de augas, onte, entregando as alegacións na Xunta
FOTO: AXENCIAS

"A Lei de Augas ten que existir para regular a sobreexplotación das augas, pero non para privatizar un ben que debe de ser público, social e gratuíto". Así llo advertía onte a GH a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire, quen, en calidade de voceira de toda a Plataforma Galega contra a Lei de Augas e acompañada por outros membros do colectivo, presentou na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha "alegación única" contra a citada normativa aprobada en solitario polo PP o ano pasado. A alegación busca como obxectivo último que se derrogue a polémica Lei e se abra un periodo de debate con toda a cidadanía con total transparencia onde se determine cal é o mecanismo mellor a escoller para cumprir os obxectivos comunitarios.

Despois da manifestación do 20 de marzo, que congregou a ó redor de 2.000 persoas na compostelá praza do Obradoiro en contra da privatización da auga, a Plataforma dá un paso máis coa presentación da alegación ós estatutos de Augas de Galicia. Freire denunciou onte unha vez máis que o texto que pretenden que rexa o funcionamento do ente "deixa ben clara a privatización e a mercantilización que vimos denunciando e que nos parece gravísima". Explicou que o artigo 23 permite a Augas de Galicia "a creación e constitución de sociedades mercantís e a participación en calquera outra sociedade constituída por entes públicos ou particulares" o cal significa "que se poderá facer negocio con algo que é innegociable: a auga, que debe ser un ben público, social e gratuíto para cubrir as necesidades básicas de calquera pobo". Para Freire, "non podemos consentir que vaiamos pagar por un ben e dereito básico como a auga, indispensable para vivir, para beber, para a nosa hixiene, e para a produción de alimentos".

 

O goberno autonómico nega as acusacións

A Xunta contesta que a nova Lei de augas "garante de xeito irrenunciable" a xestión pública deste recurso natural. "Augas de Galicia non será unha sociedade anónima nin terá capital no que poida incorporar unha parte privada. Todas as administracións poden crear sociedades mercantís sen que iso signifique que se privatizaron eses servizos", din.

A CERNA

Obxectivo: dar a coñecer o texto

A Plataforma Galega contra a Lei de augas deuse a coñecer en febreiro e está integrada por unha trintena de asociacións. Considera que a Lei é un "atentado" o suficientemente grave como para esixir que se retire e esperan que a alegación sirva para que cada vez máis xente saiba "de que vai" a normativa.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS