Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 17.04.2019 Actualizado 13:30
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Só Alenxandra Fernández votou non aos orzamentos como decidiu a dirección de En Marea

O resto secunda a Podemos

Deputados de En Marea no Congreso
 - FOTO: EN MAREA
Deputados de En Marea no Congreso - FOTO: EN MAREA

SANTIAGO. EP  | 13.02.2019 
A- A+

Só a deputada de En Marea Alexandra Fernández respectou a dirección do Consello das Mareas --máximo órgano de decisión entre plenarios-- e votou 'non' ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, cuxa devolución tamén apoiou PP, Ciudadanos, ERC, PDeCAT, CC, UPN, Bildu, Foro e outra deputada de En Comú adscrita a Unidos Podemos, Marta Sibina.

O resto dos deputados de En Marea integrados Unidos Podemos-En Comú-En Marea --Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez e Miguel Anxo Fernán Vello-- secundaron a directriz do Grupo Confederal que lidera Pablo Iglesias.

Esta votación reflicte, así pois, a propia división e discrepancias internas que vive o partido instrumental, cunha dirección do partido liderada en Galicia por Luís Villares que non recoñece o sector crítico, no que se atopan case todos os deputados do Congreso. De feito, desmarcáronse na votación da directriz marcada pola dirección de En Marea, que este mércores enviou un comunicado á primeira hora da mañá para comunicar a decisión do 'non' ás contas de Pedro Sánchez.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS