Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 17.02.2020 Actualizado 13:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Álvaro Pérez será o novo secretario xeral de Presidencia trala marcha de Manuel Galdo

Feijóo sitúa á xornalista Marta Varela, ata agora a súa xefa de Comunicación, como directora xeral do Gabinente de Presidencia en substitución de Pérez

SANTIAGO. EP  | 09.01.2020 
A- A+

O Goberno galego acordou este xoves o cesamento do ata agora secretario xeral de Presidencia, Manuel Galdo, cuxo posto será ocupado por Álvaro Pérez, quen dirixía o gabinete do titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A Pérez relévao como directora xeral do Gabinete de Presidencia a xornalista Marta Varela Pazos, ata o momento a súa xefa de Comunicación.

Feijóo, quen tamén anunciou que o xornalista Marcos Gómez -ata o momento xefe de prensa de Vicepresidencia-- substituirá a Marta Varela á fronte do seu departamento de Comunicación, destacou que a marcha de Galdo prodúcese "a petición propia" porque desexa abrir "unha nova etapa", na que lle desexou "sorte". "Ben que o sinto", recoñeceu, antes de lembrar tamén o seu desempeño como director xeneral de Política Financeira "nun momento ben difícil" como foi a fusión das caixas.

Para Álvaro Pérez, un dos homes do seu círculo de máxima confianza, non escatimou en eloxios, dado que leva traballando co "case 18 anos". Desde 2009, este coruñés nado en 1973, Licenciado en Dereito e diplomado en Empresariais, así como máster en Dereito Comunitario, exercía como director xeral do Gabinete de Presidencia.

NOVA DIRECTORA XERAL
Tomaralle a substitución Marta Varela Pazos, sobre quen Feijóo chanceou con que evitaría excederse en "eloxios" -"aínda que os hai, sentidos e innecesarios"- dado que os xornalistas presentes na sala de prensa do Consello poderían pensar que "os escribiu ela mesma".

Nada en Santiso (A Coruña) en 1983, Varela traballou desde 2013 como xefa de Comunicación do Presidente. Desde 2009 formaba parte do seu equipo de comunicación e previamente exerceu como xornalista en varios medios de comunicación como Cope e Europa Press.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS