Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 25.05.2018 Actualizado 17:58
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Alvedro crece un 10,3% en pasaxeiros en abril, Peinador sobe un 8,8% e Lavacolla rexistra un descenso do 4,3%

SANTIAGO. EP  | 14.05.2018 
A- A+

O aeroporto da Coruña, Alvedro, rexistrou en abril un total de 101.566 pasaxeiros, un 10,3% máis que no mesmo mes do ano anterior. Peinador, en Vigo, contabilizou 98.621, un 8,85 máis; mentres en Lavacolla (Santiago) houbo 232.963 usuarios, o que supón un descenso do 4,3%.

Así se desprende dos datos que Aena publica este luns, que precisa que a Semana Santa de 2017 tivo lugar en abril, mentres este ano caeu en marzo.

Para a terminal compostelá, as cifras de Aena recollen que de 232.894 pasaxeiros comerciais na terminal compostelá, 172.596 realizaron voos estatais e 60.289, internacionais.

En canto a operacións, foron 1.843 voos en Santiago, deles 1.760 comerciais: 1.282 voos estatais e 478 internacionais. Ademais, a terminal de carga manexou na capital galega máis de 257 toneladas de mercadoría, o que supón un incremento do 48,9%.

No caso da Coruña, de 101.566 viaxeiros, 100.478 utilizaron voos comerciais (un 10,2% máis), 89.293 en traxectos estatais e 11.185 en internacionais.

Das 1.540 operacións (un 9,1% máis) houbo 891 voos comerciais, 764 estatais e 127 internacionais. O tráfico de mercadorías en Alvedro moveu máis de 13 toneladas en abril.

Por último, en Vigo, dos 98.595 pasaxeiros que realizaron voos comerciais, 84.394 fixérono en traxectos estatais (un 13% máis) e 14.201 en internacionais.

Peinador rexistrou 1.099 voos en abril, un 4,6% máis, dos que 910 foron voos comerciais. Destes, 748 movementos foron operacións estatais e 162 internacionais. Polo seu terminal de carga pasaron durante o pasado mes máis de 48 toneladas de mercadorías, un 25,1% máis.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS