Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 13.02.2020 Actualizado 10:19
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Ana Miranda visita aos políticos cataláns encarcerados para trasladarlles a "solidariedade" do BNG

(Archivo) De esquerda a dereita: o exconseller Raúl Romeva, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras - FOTO: BNG
(Archivo) De esquerda a dereita: o exconseller Raúl Romeva, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras - FOTO: BNG

SANTIAGO. EP  | 24.01.2020 
A- A+

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, visita este xoves e venres aos políticos independentistas cataláns encarcerados en Lledoners e de Mas d'Enric, aos que trasladará a "solidariedade" da dirección do Bloque Nacionalista Galega.

"Ademais de expresarlles nosa absoluta solidariedade pola prisión inxusta que están a sufrir, queremos trasladarlle a Junqueras o noso total apoio pola sentenza do Tribunal Supremo ao rexeitar suspender a decisión da Xunta Electoral Central (JEC) que lle impediu asumir o seu escano como eurodeputado", explica Miranda nun comunicado.

A formación nacionalista explicou que a tamén coordinadora de Relacións Internacionais do BNG realiza esta visita como integrante da delegación Plataforma de Diálogo UE-Catalunya, de forma que este xoves en Llenoders atopouse con Oriol Junqueras, Raül Romeva, Jordi Sánchez, Jordi Cuixart, Joaquim Form, Jordi Turull e Josep Rull.

A previsión é que este venres, despois dos encontros co presidente do goberno catalán, Quim Torra, e o conselleiro de Asuntos Exteriores, Alfred Bosch, trasladarase ao cárcere de Mas d'Enric para visitar a Carme Forcadell.

"Desde o BNG temos claro que os conflitos políticos só poden ter solucións políticas", sinala Ana Miranda, que considera un "despropósito" que non se cumpra a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, do pasado 19 de decembro, segundo a cal "unha persona elixida o Parlamento Europeo adquire a condición de membro da devandita institución desde a proclamación oficial dos resultados e ten desde ese momento as inmunidades aparelladas a tal condición".

Para a portavoz do BNG en Europa, os dereitos de Junqueras foron "gravemente vulnerados" por non permitirlle acudir ao pleno da Eurocámara para asumir o escano que alcanzou como eurodeputado nas eleccións europeas do pasado 26 de maio como cabeza de lista da colación Agora Repúblicas, coa que se presentou ao Bloque. "Estamos ante unha situación de déficit democrático que é imprescindible corrixir", considera.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS