Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Ana Pontón (BNG): "Ninguén neste país dubida de que se o PP perde as eleccións vai haber un Goberno alternativo"

SANTIAGO. EP  | 20.01.2020 
A- A+

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera a cita electoral deste 2020 unha "oportunidade" para "abrir un tempo novo na Xunta". "Ninguén neste país dubida de que, se unha vez se convoquen as eleccións o PP perde, vai haber un Goberno alternativo", insistiu a líder nacionalista. Así o manifestou nunha rolda de prensa ofrecida este luns no Parlamento galego, na que foi preguntada sobre o entendemento entre partidos de esquerda nos meses que restan até os vindeiros comicios autonómicos, que se celebrarán no outono salvo un adianto. Neste contexto, consciente de que a derrota dos populares --se perden a maioría absoluta-- pasa por un acordo de forzas da esquerda, Ana Pontón subliñou que "ninguén dubida" de que haberá un Executivo "alternativo".

"A clave é que Goberno e en que dirección vai traballar. O que ofrecemos desde o BNG é un proxecto sólido, con ideas para modernizar Galiza, para defender os intereses deste país", engadiu a tamén candidata da formación nacionalista á Presidencia da Xunta. Non en balde, tras ofrecer "man tendida" aos galegos que se queiran "sumar" ao seu proxecto, advertiu que o Bloque irá "a por todas" nas eleccións para acabar coa "submisión a Madrid". "Un tempo novo que signifique deixar atrás presidencias da Xunta en mans de forzas estatais", expresou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS