Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Ana Pontón márcase o reto de estender a Galicia o "modelo municipal de éxito" do BNG en Ribadeo e Muras

LUGO. EP  | 13.05.2019 
A- A+

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avogou no seu mitin comarcal na Mariña lucense, celebrado en Xove, por estender a toda Galicia "o modelo municipal de éxito" dos nacionalistas en concellos como Ribadeo e Muras, que situou nas "antípodas" do "desastre especulativo" dos 'populares' en localidades como Barreiros.

No mitin deste domingo, Ana Pontón estivo acompañada dos alcaldes e candidatos á reelección en Ribadeo e Muras, Fernando Suárez e Manuel Requeijo, así como dos candidatos por Viveiro, Barreiros e Xove, Miriam Bermúdez, Ana Hermida e Xosé Manuel López Hermida.

No acto pediu "estender o modelo municipal do BNG" tanto aos concellos da Mariña como a toda Galicia para demostrar que a formación nacionalista é "capaz de facer política municipal con maiúsculas da man dun proxecto sólido, unido, renovado e coa man tendida que transforma en positivo e mellora a vida da veciñanza, desde a honradez, construíndo concellos feministas, ecoloxistas cos que se avanza e prospérase".

Pontón destacou que o reto o 26 de maio é "máis BNG nos concellos, máis concellos gobernados co modelo municipal do BNG, libres de corrupción e de especulación" e "participativos, honestos na xestión, sustentables, con dinamismo económico, social e cultural".

Convencida de que o BNG terá "un gran resultado" tanto nas municipais como nas europeas, apelou á mobilización para sumar aínda máis a un Bloque en "remontada e á alza".

E para iso, reiterou que "calquera persoa é susceptible de votar ao BNG sexa ou non nacionalista porque os concellos gobernados polo Bloque avanzan e noutros municipios non pasa nada".

A dirixente nacionalista lembrou que o 26M tamén se elixe representación en Europa e pediu o voto para Ana Miranda, que "foi capaz de converter o escano do BNG no escano de Galicia".

Pola súa banda, Miranda reivindicou a eficacia política do BNG en Bruxelas a favor de Galicia fronte ao "deixamento do PP e do PSOE", en temas como o saneamento das rías, a defensa de sectores produtivos ou da preservación do medio ambiente.

A actual eurodeputada recalcou o seu compromiso de ser de novo "a representación dos galegos preocupados polo saneamento do litoral, para non se decida en Bruxelas en contra dos sectores produtivos e a favor da cultura, a lingua e a democracia".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS