Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

PAVILLÓN DE REPOUSO

Antía xa ten seis meses

04.02.2012 

5.0/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

PABLO VAAMONDE

A nosa neta naceu a primeiros de agosto. Cando as cousas van ben o tempo pasa moi rápido: Antía xa vai cumplir o medio ano. É unha nena alegre e curiosa, que debuxa con facilidade o sorriso no seu rostro; está atenta a todo o que hai darredor, explora o mundo cos seus ollos.

Miña nai, que ten oitenta e seis anos e serios problemas coa memoria recente, esquécese das verbas máis non dos afectos. Para recordar como se chama a bisneta ten un papel pegado na parede da cociña co seu nome, máis cando chegamos á súa casa sempre nos recibe coa mesma pregunta: “Cando imos ver a nena?”

Neste tempo Antía medrou con saúde, protexida polos seus, nunha casa de pedra situada no fértil val da Mahía. Agora xa intenta comunicarse co exterior por medio da palabra; Os seus balbucidos pretenden dar resposta a quen se dirixe a ela con cariño. Máis unha das avoas afirma que xa mantén prolongadas conversas coa nena por vía telefónica. Estas pequenas cousas son as que convirten esta tarefa da crianza nun tempo de ledicia e satisfacción.

Un dos espectáculos máis expléndidos que se poden presenciar nesta vida é ver medrar a un neno; Antía medra feliz e nós temos a fortuna de asistir á aparición do seu sorriso, o inicio dos primeiros xogos e o recoñecemento dos seus coa mirada. Imos ver como fai a súa exploración do contorno, como pronuncia as primeiras verbas, como inicia o seu camiñar polo mundo, como delimita o territorio e afianza os seus afectos principais. Temos o privilexio de vivir este milagre da renovación da vida e da continuidade da estirpe. Na súa presenza bórranse as dúbidas e as incertezas que fabrican cada día os homes, neste mundo convulso e crispado.

Vixiar o seu sono, acompañala nos seus xogos, procurar o seu riso: esas serán algunhas das grandes tarefas que nos agardan nos próximos anos. Hai máis verdade no sorriso dun neno que en todas as proclamas dos pais da patria. Lonxe da solemnidade e da hipocresía teremos a fortuna de gozar das pequenas cousas de cada día. “Nunca levamos a un neno da man. Sempre nos leva el a nós. Hai que aprender a deixarse levar polo neno, confiarse na súa man”. Así escribía Francisco Umbral (no seu magnífico libro “Mortal y rosa”) falando do seu fillo: “O mundo fai tic-tac cando xoga un neno. E cando un neno rí, o mundo escúmase, a vida alixeira e o sol acéndese”. Tamén a presenza de Antía dalle luz aos nosos días.

pablovaamonde.blogspot.com

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS