Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Anxo Lorenzo considera "vital" a actitude dos profesionais de Xustiza para favorecer o galego

SANTIAGO. EP  | 29.11.2011 
A- A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considerou "vital" a actitude dos profesionais do ámbito da Xustiza para favorecer a extensión social da lingua galega, nun campo "no que queda moito por facer".

Así o destacou durante o seu intervencion na xornada 'Xustiza e Lingua', na que aproveitou a ocasión para presentar o primeiro Dicionario Xurídico Galego, co obxectivo de dotar de "recursos funcionais" que faciliten o "entendemento" do significado dos textos xurídicos "en clave galega".

Pola súa banda, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asegurou que desde o seu departamento están a seguir "liñas de acción específicas para avanzar na normalización do galego na Administración de xustiza", para que "a promoción e o uso do idioma reflectir o establecido na lexislación". "Dentro do respecto da igualdade de dereitos lingüísticos da cidadanía".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS