Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

POLÉMICA

APdR recorrerá a luz verde á planta de biomasa para ENCE

02.07.2010  A súa acción súmase á do PSdeG e á do líder do PP en Pontevedra, Telmo Martín

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A planta de biomasa que a Xunta lle concedeu a ENCE-Pontevedra segue envolta na polémica. Despois de que o PSdeG anunciase esta semana a presentación dun recurso contra esta autorización, o responsable do PP en Pontevedra, Telmo Martín, decidiuse sumarse á iniciativa e tamén recurrir. De feito, o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu onte a acción de Martín, asegurando onte que se el fose líder popular na provincia do Lérez tamén o faría, tras recordar que existe un "compromiso", que a Xunta "mantén", de que non se poden establecer plantas de biomasa en terreos sometidos á caducidade dunha concesión administrativa que acaba en 2018.

A esta oposición sumouse onte a cidadá, co anuncio dende a Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra (APdR) de presentar un novo recurso. Dende a asociación que lidera Masa aseguran que o grupo ENCE non dispón dos terreos propostos para instalar unha central de biomasa, xa que só dispón de concesión en predios de titularidade pública para a fábrica de pasta de papel, e recordan que a fin da concesión en 2018 pon en dúbida a viabilidade económica do proxecto. Tras expresar a súa estrañeza pola admisión a trámite da Xunta de Galicia, a APdR presentará recurso contra esa decisión, que temen que sexa un intento de prorrogar a súa ocupación na ría de Pontevedra, como antes xa fixeron co decreto de supramunicipalidade para a instalación dunha papeleira nos terreos de Lourizán.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS