Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 14.09.2019 Actualizado 15:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Logo da renuncia da súa letrada

Aprazado o xuízo ao 'pequeno Nicolás' por facerse pasar por enlace do rei en Ribadeo

"Síntome triste e decepcionado", di o acusado despois de adiarse a vista ata non antes de marzo de 2020

Francisco Nicolás Gómez Iglesias - FOTO: EUROPA PRESS - Archivo
Francisco Nicolás Gómez Iglesias - FOTO: EUROPA PRESS - Archivo

MADRID/LUGO. EP  | 20.05.2019 
A- A+

A Audiencia Provincial de Madrid suspendeu este luns até non antes de marzo de 2020 o xuízo que tiña previsto celebrarse contra Francisco Nicolás Gómez Iglesias, coñecido como o 'pequeno Nicolás', por facerse pasar por un enlace do Rei nunha viaxe a Ribadeo (Lugo), após renunciar a súa letrada despois de expor á Sala as "presións e coaccións" recibidas cara a ela e a súa familia.

Á súa chegada a esta sede xudicial, Gómez Iglesias defendeu a súa inocencia dos diversos delitos dos que se lle acusa e recalcou que cre que os feitos non son constitutivos de delito. Pero non puido ofrecer a súa versión ante a Sala logo de deixar a súa defensa a letrada que lle estivo defendendo estes últimos anos durante a instrución do caso.

Os feitos que volvían sentar este luns ao mozo no banco dos acusados producíronse en agosto de 2014 cando supostamente simulou ser un enlace do Goberno e a Casa Real para enganar a un empresario durante unha reunión no porto deportivo de Ribadeo. O fiscal pide para el sete anos de prisión por delitos de usurpación de funcións públicas, falsidade documental e suborno pasivo.

Finalmente, a Sala acordou aprazar até dentro dun ano por problemas de oco a vista oral após renunciar a letrada, quen leu á Sala a denuncia presentada a pasada semana ante os xulgados na que detalla as coaccións sufridas durante o proceso.

Logo de concluír o trámite de suspensión, o acusado mostrouse "decepcionado" ante os medios pola suspensión xa que terá que esperar un ano para que se resolva a decisión final despois de cinco anos desde que sucederon os feitos.

Gómez Iglesias destacou que os presentes na Sala puideron comprobar as presións recibidas pola súa letrada, quen leu a denuncia remitida aos xulgados por estes feitos. "Síntome triste e decepcionado porque haberá que esperar un ano, e porque nun estado de dereito haxa presións para que non poida ter unha boa defensa", dixo.

Así mesmo, pediu á Sala que se celebre canto antes para que se termine este "calvario", xa que quere seguir "cara adiante" e seguir co seu labor como presidente do partido 'Influencia Joven'.

INOCENTE
Á súa chegada, afirmou que é inocente e que pedirá un adiamento da vista ao querer apartarse do caso a súa avogada após denunciar "presións e coaccións" ante o xulgado instrutor. Gómez Iglesias indicou que quere que a vista se celebre canto antes, xa que son "moitos anos" e está "canso".

Ademais, lembrou que en 2018 foi absolto de delitos de calumnias e inxurias contra o Centro Nacional de Intelixencia (CNI). Tamén se lle arquivaron outras causas que tiña pendente coa Xustiza.

Estaba previsto que lle acompañasen no banco dos acusados o cabo da Policía Nacional, Jorge González Hormigos, e o Policía Municipal de Torrijos (Toledo), Carlos Pérez López-Dávila, para quen se piden cinco anos e medio de prisión a cada un.

A principios do mes de agosto de 2014, segundo se desprende do escrito de acusación, o 'pequeno Nicolás' propuxo organizar unha reunión a un empresario ao que lle fixo crer que actuaba en calidade funcionario público como unha ligazón entre a Vicepresidencia do Goberno e a Casa Real.

Despois de varios contactos, o 13 de agosto ambos mantiveron un xantar nun restaurante de Ribadeo ao que, segundo o acusado, "asistiría unha persona moi importante da Casa Real".

Para levar a cabo o seu plan, Francisco Nicolás contactara previamente con Jorge González Hormigos, un policía nacional destinado no Grupo de Escoltas e Protección, "a quen lle pediu, a cambio dunha gratificación polos seus servizos, que lle proporcionase os medios policiais necesarios para facerse pasar por un cargo público e aparentar carácter oficial ao xantar".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS