Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 11.12.2017
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Arco Iris denunciará a Medio Ambiente ante a UE por "non protexer O Xurés" dos incendios

SANTIAGO. EP  | 12.10.2017 
A- A+

Os servizos xurídicos da asociación Arco Iris están a ultimar unha denuncia ante a Unión Europea contra a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, á que acusan de "non protexer O Xurés" dos incendios, por "abandono de funcións no exercicio do seu cargo".

A través dun comunicado, a asociación asegurou que a "manifesta incapacidade" da conselleira para "cumprir coas súas competencias de protección de espazos naturais roza o obsceno".

En concreto, criticou que, "a pesar de que os mandatarios da Xunta insisten en que se priorizarán os fondos europeos para a revitalización de zonas despobladas" e de "a indubidable posición de vantaxe desta rexión fronteiriza para acceder a partidas económicas da UE", a consellería "mostrouse incapaz de aproveitar as sinerxías posibles para abandonarse en mans das inercias probables".

O "desastre ambiental que se cerne sobre o Parque Natural do Xurés está a piques de alcanzar proporcións catastróficas", criticou Arco Iris, facendo fincapé en que as hectáreas queimadas nos últimos días en Galicia superan as 1.000.

Así, a asociación ecoloxista criticou que a Xunta "parece abandonar á súa sorte a este magnífico espazo natural, que permanece sen previsións de regulación tras 24 anos da súa declaración". "A día de hoxe, Medio Ambiente nin sequera iniciou os trámites para redactar o Plan de Usos e Xestión, incumprindo todos os prazos legais e incorrendo nun abandono de funcións intolerable", destacaron.

Este documento, indicaron, podería servir de instrumento legal para "regular o acceso de visitantes" e instalar neste espazo de case 30.000 hectáreas un servizo permanente de detección, prevención e extinción de incendios.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS