Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 20.08.2019 Actualizado 12:41
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Arquivada a denuncia da CSIF contra a Lara Méndez e López Orozco

LUGO. EP  | 12.07.2019 
A- A+

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, decretou o sobresemento provisional da causa aberta despois da denuncia do sindicato CSIF contra a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o seu predecesor no cargo, Xosé Clemente López Orozco, polo nomeamento do posto do letrado asesor do Concello.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a denuncia arquivada, que tamén ía contra unha funcionaria municipal, fora interposta por presuntos delitos de prevaricación e malversación de caudais públicos a consecuencia da cobertura deste cargo.

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo sinala que "aínda existindo un quebranto da legalidade", "o mesmo non reúne os orzamentos precisos para que se poida falar de delito de prevaricación", ao concorrer circunstancias especiais que determinan a ausencia de responsabilidade penal.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS