Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 18.05.2013  | Actualizado 00.45

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

As accións de Inditex marcan un novo máximo en 78 euros e revalorízanse un 23% no que vai de ano

MADRID. EP  | 20.06.2012 
A- A+

Inditex marcou un novo máximo histórico en bolsa ao pechar a sesión cunha suba do 3,13%, superior ao rebote do 2,67% rexistrado polo Ibex, e coa cotización a 78 euros, o que supón unha revalorización do 23% no que vai de ano.

O xigante da moda, que onte anunciou a compra do edificio que alberga a tenda insignia de Zara en Londres por 192,39 millóns de euros, chegou a alcanzar os 78,3 euros durante a xornada.

A primeira compañía do selectivo por capitalización bolsista disparou o seu valor tras a presentación dos seus resultados trimestrais a semana pasada, que superaron as previsións dos analistas.

Entre o 1 de febreiro e o 30 de abril, o xigante da moda rexistrou un beneficio neto de 432 millóns de euros, o que supón un aumento do 30% respecto ao mesmo período do exercicio anterior, e unha cifra de negocio de 3.416 millóns de euros, un 15% máis.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS