Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 02.04.2020 Actualizado 14:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

As autoridades sanitarias ordenan retirar os produtos da empresa lucense Lácteos Casa Macán por falta de seguridade

Un control oficial de Sanidade detectou "incumprimentos graves" que "non permiten garantir a seguridade" dos produtos

SANTIAGO. EP  | 13.02.2020 
A- A+

As autoridades sanitarias ordenaron retirar do mercado os produtos da empresa lucense Lácteos Casa Macán, cuxa actividade foi suspendida após detectarse nas súas instalacións unha serie de incumprimentos "graves" que "non permiten garantir a seguridade dos produtos alí elaborados".

Diso informou este mércores a Consellería de Sanidade, que trasladou a situación, detectada nun control oficial realizado nas instalacións da empresa, á Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN).

Así, os servizos veterinarios de Saúde Pública da zona de Lugo dependentes de Sanidade suspenderon de forma cautelar todas as actividades da industria. Ademais, os produtos foron intervidos e ordenouse a retirada das canles de distribución de todos os produtos comercializados por Lácteos Casa Macán, con sede en Lugo.

A prohibición afecta a todos os lotes de produtos desta compañía, como a manteiga cocida de vaca, os queixos Arzúa Ulloa, Tetilla, Arzúa Ulloa curado, queixo de barra Costeño e queixo galego en rebanadas.

Segundo sinala a consellería de Sanidade, que recomenda aos cidadáns que teñan estes produtos que non os consuman e devólvanos aos puntos de compra, estes lácteos foron distribuídos en Galicia, Cataluña e Castela A Mancha.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS