Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 19.05.2013  | Actualizado 17.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O SAL DA TERRA

As Barcelonas de Vázquez Montalbán

JOAQUIM VENTURA  | 26.04.2012 
A- A+

A Barcelona do século XX é imposible de imaxinar sen contar coas grandes migracións que chegaron a ela. E entre elas, polo impacto demográfico, cultural e lingüístico, cabe salientar as que afectaron a andaluces e a galegos. Escribiu alguén que para un galego resultaba máis doado emigrar a Bos Aires que a Madrid, porque na capital española tiña como a obriga moral de chegar a ministro.

 

En relación a Barcelona a cousa era ben diferente. Malia a aparente maior distancia –xeográfica, social, lingüística- os galegos nunca foron considerados dun xeito subsidiario, como ás veces sucedía en Madrid malia o tópico de ser o dique (“rompeolas”) de España. E mostra desa consideración igualitaria é a presencia viva da condición galega nas novelas de Vázquez Montalbán protagonizadas por Pepe Carvalho, galego de nai murciana como o era o propio autor.

Pero alén da laboura propia do detective, a súa traxectoria actuou moitas veces de espello da evolución da cidade. E esta circunstancia ven de ser analizada por Michael Eaude, xornalista inglés residente na capital catalana, no ensaio “Con el muerto a cuestas: Vázquez Montalbán y Barcelona”.

 

Quizáis con máis intuición que acerto, Michael Eaude repasa con certo detalle a transición da cidade, comezando por aquela Barcelona aínda provinciana que aparecía en “Tatuaje”. Seguía pola Barcelona periférica –que medrou nos municipios veciños- dos barrios dormitorios para acoller as grandes migracións dos sesenta- que aparece en “Los mares del sur” ata chegar á Barcelona olímpica, na cal de novo triunfou o negocio dos especuladores, aínda que esta vez tiña a xustificación dun concello gobernado polas esquerdas.

 

E a maneira de continuo, os antagonistas de orixe catalá, burgueses de pelaxes diversas pero co denominador común de falar decote en castelán –e tentar disimular a fonación autóctona- e procurar o beneficio propio camuflado como servizo ao país. Unha burguesía que Eaude define como inalcanzable (para os sectores obreiros), coa súa beleza, a súa clase, a súa mortal preguiza e a súa indiferencia cara aos demais.

 

Unha burguesía que é a mesma que caricaturizou Juan Marsé, compañeiro de Vázquez Montalbán en diversas aventuras. E ambos os dous labraron as súas novelas con materiais semellantes: sentimentalismo, tenrura e a nostalxia pola infancia perdida, en barrios perdedores e de perdedores.


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS