Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 22.08.2017 Actualizado 11:59
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

As cintas galegas de animación 'Meigallos' e 'Psiconautas', nomeadas aos Premios Platino de Cinema Iberoamericano

Dirixidas por Virginia Curiá, Alberto Vázquez e Pedro Rivero

SANTIAGO. EP  | 19.06.2017 
A- A+

As películas galegas 'Meigallos', dirixida por Virginia Curiá, e 'Psiconautas', de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, foron nomeadas a mellor cinta de animación nos Premios Platino de Cinema Iberoamericano.

'Meigallos' é unha coprodución entre a galega Agallas Films e a brasileira Otto Desenhos Animados, participada pola TVG. Esta película --que ten versións en galego, castelán, portugués e inglés-- foi adquirida en Estados Unidos e Canadá.

O filme narra como a pequena Malva, fan de calquera dispositivo tecnolóxico, vai vivir unha aventura con misión de rescate con acción, suspense e diversión.

Respecto diso, Juan de Dios Serrano, un dos produtores de 'Meigallos', mostrou a súa satisfacción de formar parte dos seleccionados a optar ao galardón, nuns premios aos que concorreron "nin máis nin menos" que 847 films.

Pola súa banda, 'Psiconautas, os nenos esquecidos' (Zircozine, Basque Films, Abrakam Estudo e La Competencia Producións), Premio Goya 2017 á Mellor Película de Animación, está codirixida polo galego Alberto Vázquez xunto a Pedro Rivero.

En 'Psiconautas' cóntase a historia de Birdboy e Dinki, dous amigos que loitan por non enfrontarse á realidade na que viven. Como exploradores que son, albergan a esperanza de atopar un lugar mellor no que vivir, pois a illa onde viven xa non é o que era debido a un accidente industrial.

Estas dúas obras competirán a mellor cinta de animación con 'Ozzy' (España), 'Teresa y Tim' (España), así como con 'La leyenda del chupacabras' (México). Os gañadores coñeceranse o 22 de xullo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS