Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

As comunidades deben máis de 15.700 millóns aos seus provedores sanitarios

22.02.2012  Deberían pagar case 1.000 millóns de euros de xuros de mora pola súa débeda sanitaria

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MADRID. EP

As comunidades autónomas deben máis de 15.700 millóns de euros aos seus provedores sanitarios (industria farmacéutica, empresas de tecnoloxía sanitaria, oficinas de farmacia e concertos público-privados), aos que debería pagar uns 930 millóns máis en concepto de intereses anuais de demora, segundo o establecido na actual Lei de Morosidade.

Así se desprende dun informe sobre o Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (IDIS) presentado este mércores no III Encontro especializado 'Xestión de Cobramentos ao Sector Público Sanitario', organizado por Unidade Editorial.

A actual Lei de Morosidade establece que as administracións teñen 50 días de máximo para pagar os seus provedores e, en caso de superar este prazo, os acredores terían dereito a uns xuros de mora que, de non quedar establecidos por contrato, se rexerían polo tipo aplicado polo Banco Central Europeo ás súas operacións principais de financiamento (subhasta a tipo fixo) máis sete puntos porcentuais.

Actualmente, as comunidades superan estes prazos de demora con practicamente todos os seus provedores e, de feito, dos máis de 15.000 millóns de euros de débeda xa venceu un 74 por cento (uns 11.620 millóns).

Deste modo, e tendo en conta o tipo de xuro de mora correspondente ao primeiro semestre de 2012, que sería dun 8 por cento, o IDIS estima que as comunidades deberían de pagar 930 millóns de euros máis en concepto de intereses.

A maior porcentaxe destes intereses iría parar tanto á industria farmacéutica (465) coma ás empresas de tecnoloxía sanitaria, cos que acumulan a maior parte da débeda (6.369 e 5.230 millóns respectivamente, a data de decembro de 2011).

Ademais, ambos os dous sectores tamén acumulan os atrasos no pagamento máis acusados, xa que as comunidades tardan en pagar uns 525 e 473 días de media respectivamente pola subministración de fármacos e a adquisición de equipos de tecnoloxía.

Xunto a estes, as administracións tamén deberían pagar 74 millóns de euros de xuros de mora ás clínicas privadas (polos 1.462 millóns que lles deben), 36 millóns ás oficinas de farmacia (aos que deben 1.930 millóns, a maioría aínda dentro de prazo), e 27 millóns por concertos da rede pública.

PAÍS VASCO E NAVARRA, AS QUE MÁIS SE AXUSTAN AOS PRAZOS MÁXIMOS

Polo momento, segundo os datos recompilados por este informe, as comunidades de País Vasco e Navarra son as únicas que se aproximan ao prazo máximo de pagamento esixido pola lexislación no que a débeda visible se refire.

De feito, no pagamento á industria farmacéutica e ás empresas de tecnoloxía sanitaria estas comunidades apenas tardan entre 55 e 75 días de media.

En cambio, outras como Castilla e León e Cantabria son as que máis tardan en pagar ás farmacéuticas, con máis de 800 días de media en todos os casos, só superadas por Comunidade Valenciana, que roza os 900 días de atraso (884).

No caso da débeda coas empresas de tecnoloxía sanitaria, os maiores atrasos protagonízanos a Comunidade Valenciana (841 días), Cantabria (742), Andalucía (713), Castilla-La Mancha (707) e Murcia (693).

Ante esta situación, o IDIS insiste na necesidade de establecer un plan de pagamentos para débeda vencida, establecer mecanismos que permitan o financiamento destas empresas ata o momento do cobramento e, de cara a este ano, normalizar o pagamento de subministracións e servizos ofrecidos e asegurar uns períodos de pagamento comúns para todos os provedores.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS