Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O MINISTRO DE ENERXÍA, EN OURENSE

As eléctricas estarán obrigadas por decreto a informar sobre vantaxes e inconvenientes de cambio de contrato

O ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Álvaro Nadal (2esq), o delegado do Goberno, Santiago Villanueva (esq), o subdelegado do Goberno, Roberto Castro (3d), e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (c), camiñan pola Praza Maior de Ourense antes da firma do convenio de colaboración para a difusión e promoción da enerxía xeotérmica - FOTO: EFE/Brais Lorenzo
O ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Álvaro Nadal (2esq), o delegado do Goberno, Santiago Villanueva (esq), o subdelegado do Goberno, Roberto Castro (3d), e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (c), camiñan pola Praza Maior de Ourense antes da firma do convenio de colaboración para a difusión e promoción da enerxía xeotérmica - FOTO: EFE/Brais Lorenzo

OURENSE. EP  | 19.04.2017 
A- A+

O ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Álvaro Nadal, confirmou este mércores en Ourense que o seu departamento "aumentará as obrigacións" das compañías subministradoras de enerxía para que informen de forma pormenorizada aos cidadáns que cambian de contrato sobre as vantaxes e inconvenientes das novas tarifas ás que se acollan.

Os últimos datos da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), a data de novembro de 2016, revelan unha tendencia á alza nos contratos con tarifas eléctricas máis caras (14 millóns de clientes) fronte aos 11,8 millóns que están acollidos ao Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC).

Para evitar a posibilidade de que haxa persoas que teñan dificultades á hora afrontar os gastos da súa factura eléctrica o ministro sinalou que o Goberno "vai facer un decreto dentro do Bono Social" que obrigará ás compañías eléctricas a "informar" os usuarios que cambien de contrato.

Así, as empresas deberán explicar ás persoas interesadas en acollerse a unha nova tarifa "sobre as vantaxes e inconvenientes e os dereitos que gañan e os que perden, para que desta forma poidan estar mellor informados", explicou Álvaro Nadal.

O ministro incidiu en "a liberdade" dos cidadáns "á hora de elixir o seu tipo de contrato, aínda que defendeu que para el "o réxime máis favorable é o que regula o propio ministerio: que é o PVPC".

"O meu tipo de contrato é o estándar, PVPC. Só ten un inconveniente, que é máis volátil, pero na media e ao longo do tempo é polo que menos se paga", defendeu o ministro.

OS RECIBOS "IGUAIS EN TODA ESPAÑA"

Sobre a posibilidade dunha subida da luz en Galicia para pagar o canon eólico, como sucedeu en Cataluña, A Rioxa, Valencia e Castela-A Mancha, o ministro sinalou que a política do Ministerio "é que os recibos da luz sexan iguais en toda España".

Nadal lembrou que existe unha sentenza do Tribunal Supremo que obriga a repercutir en diferentes recibos os impostos establecidos polas comunidades autónomas nos recibos da luz durante 2012 e que "xa se fixo cumprimento desa sentenza". "Sobre esta cuestión non hai nada máis, salvo que alguén recorra", profundou o ministro.

Na súa intervención o ministro reivindicou que "a política" do seu departamento "é sempre que a electricidade sexa o máis barata posible para todos os cidadáns", pero explicou que "se hai unha sentenza do TS hai que cumprila".

"Cando as administracións autonómicas pon impostos no sistema enerxético córrese o risco de que isto o acabe pagando o usuario", concluíu o ministro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS