Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 12.11.2019 Actualizado 12:08
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

As empresas en quebra dispáranse un 28% en Galicia no terceiro trimestre

Baixa o número de familias en esa situación

SANTIAGO. EP  | 06.11.2019 
A- A+

As empresas en quebra en Galicia no terceiro trimestre sitúanse nun total de 55, o que supón un incremento do 28% fronte ao mesmo período de 2018 (había 43), segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En cambio, as familias galegas en quebra baixaron no terceiro trimestre até un total de catro (fronte ás 15 do mesmo período de 2018).

Así, hai 59 debedores concursados en Galicia (suma de empresas e familias), un 1,7% máis que un ano antes (58). Está lonxe da media de aumento en España de concurso de acredores (suspensión de pagos e quebras) ante a imposibilidade de afrontar as súas débedas, xa que crece un 9,1%.

Do total de 59 concursos en Galicia, 53 foron de tipo voluntario e seis, de tipo necesario. A gran maioría foi por procedemento abreviado (56), con só tres de tipo ordinario.

Das 55 empresas concursadas, 47 son SL, tres SL e cinco acodes físicas. Por sectores, transporte e almacenamento (6) e comercio por xunto (6) son as que teñen maior número en quebra.

Por número de empregados, as empresas en concurso en Galicia cun ou dous asalariados (19) son as maioritarias. Por volume económico, as de menos de 250.000 euros son as que máis teñen (23).

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS