Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

As familias en precario poderán dar a vivenda en pago para saldar a hipoteca

22.02.2012  O Goberno permitirá a dación en pago sen ingresos e con todos os seus membros en paro // Promoverá entre os bancos un "código de boa práctica" para aprazar os desaloxos durante polo menos dous anos entre os colectivos en "limiar de exclusión"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MADRID. EP

O ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos, anunciou que o Goberno permitirá acollerse á dación en pago, a entrega da vivenda para saldar a hipoteca, ás familias con todos os seus membros en paro e que non conten con ingresos adicionais para afrontar o pago das súas hipotecas, sempre que se trata da primeira vivenda.  

"A dación en pago debe ser unha excepción, pero a triste realidade é que algunhas vivendas que entregan as familias é o único activo que teñen", asegurou o ministro en resposta nunha interpelación do deputado da Esquerda Plural (EU-ICV-CHA) Joan Coscubiela Conesa no Congreso sobre a dación en pago e os abusos das entidades financeiras.

Dentro dunha serie de medidas recollidas nun "código de boa práctica" e reformas de carácter legal, o ministro adiantou que o Goberno proporá que polo menos durante dous anos estas familias poidan habitar na vivenda antes do seu desaloxo.

En concreto, este período "prudencial" podería ser tamén prorrogable se as familias acordan coa entidade financeira unha cota de pago que sexa considerado "xusto".

Para considerar a estas familias dentro do que De Guindos definiu como "limiar de exclusión", a dación en pago permitiríase se se condiciona a que se trate da primeira vivenda e a que as familias non conten con rendas e patrimonio adicionais. O titular de Economía advertiu de que haberá que actuar con "cautela" para evitar un acollemento a esta cláusula de forma "abusiva e fraudulenta".

De Guindos asegurou que estas medidas lexislativas estudaranse co Ministerio de Xustiza, para despois promover o código de boas prácticas entre o sector bancario. Iso si, aclarou que as entidades se poderán acoller a este código de forma "voluntaria".  

Neste sentido, o ministro tamén propuxo reestruturar as débedas hipotecarias fixando o pago do capital que se debe de forma "proporcional" no número de cotas pagas.  

Así mesmo, deixou aberta a "posibilidade" de que as entidades financeiras asuman "parte" do risco das garantías hipotecarias. "Parece razoable que pola deficiente tasación a entidade sexa copartícipe", subliñou.

INTERESES DE DEMORA "ABUSIVOS".

Para o colectivo considerado polo Goberno no "limiar de exclusión", o ministró tamén propuxo atenuar os intereses de demora, pois admitiu que estes son abusivos" e existe marxe legal para flexibilizalos.  

"O Goberno é moi sensible á situación que xerou a percepción social do gran numero de execucións hipotecarias", defendeu De Guindos ante a acusación do deputado da Esquerda Plural de que o Goberno "permanece impasible".

NON É A "SOLUCIÓN MÁXICA".

Pero o ministro avisou de que lonxe de formulacións "demagóxicas", a dación en pago non é a "solución máxica", e puxo o acento en que pode minguar a concesión de crédito e reducir o prazo de amortización e a contía dos préstamos hipotecarios. "Hai que enmarcalo en familias incluídas en limiar de exclusión", salientou.

Coscubiela Conesa lembrou que unhas 150.000 familias foron desafiuzadas no último catro anos da súa vivenda habitual, e subliñou que se o Goberno axuda ás familias en situación de falta de pagamento impulsaría tamén ao sector financeiro. "O Goberno si é sensible a este tema", replicó De Guindos.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS