É ben certo aquel eslogan de hai anos: cando un monte se queima, algo teu queimase. No caso das Fragas do Eume, todos perdemos moito. Un non pode sentir mais que indiñazón e impotencia. Seica non foi o azar o que empezou o lume, senón a intención de alguén que non se descubrirá. E se se detivera a ese desalmado, de seguro que tampouco lle pasará nada.
Cantos anois levamos oindo aos políticos no turno de Cánovas a Sagasta, como ben di Juliana, decindo que hai que cambear a lei sen que fagan nada por cambeala? Non hai interés en resolver problemas de verdade, somentes en ocupar o poder. É una mágoa.
As Fragas do Eume parecéronme realmente únecas e das paraxes mais fermosas do mundo cando as descubrín, mais ou menos no 68. A vida levoume despois perto delas nos vráns. E procurei visitalas cada ano, ollar para o río tan trasparente, sentir aos paxaros, nada mais que os paxaros, saberte parte da humanidade en tanto que pasear por alí era saber que paseabas en paraxes de séculos. A subida á Caaveiro, agora restaurado, invitaba a pensar en cómo vivirían naquel presunto ceo os frades, cómo pasarían o tempo entre tanta fermosura natural.
Perdeuse gran parte diso. Onde están as tecnoloxías que permiten vixiar e detectar de inmediato o lume nun parque natural? Aprendese mais dos erros que dos acertos, asegún din. Pero no caso do lume nos nosos montes ainda non aprendemos nada.