Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

As fusións para sanear o sector financeiro terán que aprobarse antes do 30 de setembro

04.02.2012  O Banco de España citou a bancos e caixas para explicar as medidas da reforma

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO/MADRID. EP

As entidades financeiras que decidan fusionarse para sanear as súas contas polo 'ladrillo' terán que contar coa luz verde das súas respectivas xuntas de accionistas ou asembleas xerais antes do 30 de setembro deste ano.

Así consta no real decreto lei que publica este sábado o Boletín Oficial do Estado (BOE), e que entra en vigor hoxe mesmo, no que se confirma que a integración de bancos deberá culminarse antes do próximo 1 de xaneiro de 2013.

Precisamente, o Banco de España citou esta mañá a varios responsables institucionais de bancos e caixas para explicalos a medidas consideradas no decreto. Segundo informaron a Europa Press en fontes financeiras, a reunión é de perfil "técnico e operativo" e servirá para que os banqueiros formulen ao supervisor as súas "dúbidas concretas" acerca da reforma.

A norma defende a aprobación do real decreto lei polo obxectivo de lograr saneamentos nos balances bancarios que ata agora non se habían adoptados. "O principal lastre do sector bancario español é a magnitude da súa exposición aos activos relacionados co sector inmobiliario, activos que sufriron unha forte deterioración debido á recente evolución da economía,", recolle.

En concreto, as entidades inmersas en procesos de fusión deberán presentar un plan de viabilidade económica e medidas de goberno corporativo antes do próximo 30 de maio, ao tempo que o Goberno lles esixirá compromisos para ampliar ou "polo menos" manter a concesión de crédito cara á economía.

Segundo anticipou o ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, este prazo xustifícase no obxectivo de posibilitar unha integración "rápida e eficiente".

De Guindos admitiu por iso que os procesos de concentración se deberán culminar en prazos "extremadamente" reducidos. Unha vez que as entidades presenten ao Goberno os seus proxectos de fusión, o Ministerio de Economía terá un mes para dar a súa luz verde.

A banca española no seu conxunto deberá sanear as súas contas polo 'ladrillo' por importe de 50.000 millóns de euros que detraerá dos resultados nun único ano, aínda que as entidades que participen en procesos de fusión contarán cunhas condicións máis flexibles, xa que poderán detraer estes recursos do capital e durante un proceso de dous exercicios.

PROVISIÓNS DO 80% DO CHAN

A reforma financeira establece que as provisións para cubrir eventuais perdas en activos inmobiliarios problemáticos se elevarán ata o 80% no caso do chan, porcentaxe que contrasta co 31% actual. No caso das promocións en curso, subirán do 27% ao 65%, e no caso da promoción rematada e da vivenda, elevaranse do 25% ao 35%.

Como medida para incentivar as fusións, o Executivo permitirá que as entidades obxecto de fusión acometan os saneamentos esixidos durante dous exercicios, e non facelo nun ano como o resto do sector. E ademais estas entidades poderán executar o saneamento contra patrimonio e non só contra resultados.

Agora ben, De Guindos aclarou que as integracións terán que elevar os balances un 20%, aínda que nalgúns casos poderán ser un 10%, e descartou que se realicen a través das fórmulas de fusións frías (SIP). "Deberán ser a través de fórmulas societarias", explicou.

SOLDOS LIMITADOS POLAS AXUDAS

 Ademais, o Goberno incluíu no decreto a limitación a 600.000 euros do soldo da cúpula nas entidades que recibiron axudas públicas e a 300.000 euros o das que foron intervidas polo Estado.

O Executivo estableceu desta forma un teito ás remuneracións das entidades que recibiron axudas públicas a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), organismo dependente do Banco de España, xa sexa a través de créditos ao 7,75%, que aínda non foron devoltos na súa totalidade, ou de capital.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS