Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.11.2019 Actualizado 14:45
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

As herdanzas de menos dun millón entre familiares directos quedarán exentas de impostos en Galicia

A galega será a "primeira comunidade" cunha "dedución verde" de 1.500 euros para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas

SANTIAGO. EP  | 17.10.2019 
A- A+

As herdanzas entre familiares directos de menos dun millón de euros quedarán exentas de impostos en Galicia, polo que o "99,9%" da poboación verase beneficiada.

Diso informou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación dos orzamentos para 2020, que soben un 3%, até un total de 10.149 millóns, polo que se esgota o teito de gasto. Inicialmente estaba fixado en 10.160 millóns, pero o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou que a caída dos 11 millóns restantes débese á inclusión das rebaixas fiscais.

Estas contas inclúen varias rebaixas fiscais, entre as que Feijóo destacou que se produce "practicamente" a eliminación do imposto de sucesións e doazóns, que a partir do 1 de xaneiro só pagará o "0,1%" dos galegos.

Ademais, hai baixada de impostos sobre transmisións patrimoniais para compra de vivenda no rural, "no 94 por cento" de Galicia. Así, se baixa do 7% ao 5% a tributación na habitual, mentres que en segunda vivenda redúcese do 10% ao 6%.

No tocante ao IRPF, Galicia será a "primeira comunidade" cunha "dedución verde" de 1.500 euros para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas. Tamén se inclúen deducións para cooperativas e sociedade laborais, así como para bolsas de deportistas de alto nivel.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS