Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 01.10.2014  | Actualizado 10.11

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

CARTAS BOCA ARRIBA

As leis fundamentais da estupidez humana

DIANA VARELA PUÑAL  | 09.07.2011 
A- A+

Así se titula o breve ensaio de Carlo M.Cipolla, traducido ó galego por Moisés Barcia para a editorial Rinoceronte. Demóstrase o poder aplastador e definitivo das persoas menos dotadas intelectualmente. As decisións tomadas por este numeroso grupo determinan o curso da historia, e por extensión, da economía, da medicina, dos avances sociais. Tamén, que boa parte da poboación apoiase a Hitler, a Franco, a Mussolini…, ou se pirre por ver o reencontro de Paquirrín coa Pantoja.

Unha das disculpas que adoito se esgrimen para lexitimizar a presenza dos menos intelixentes en posicións de poder, é que foron elexidas mediante un proceso democrático de votación. Para o historiador italiano ese feito non é máis ca proba irrefutable do modus operandi da estupidez humana. Ó longo da historia, as clases, laicas ou eclesiásticas, foron as institucións sociais que permitiron un fluxo constante de persoas estúpidas en posicións de poder. Hogano, as clases foron substituídas polos partidos políticos e a burocracia: as eleccións son un instrumento para asegurar o mantemento estable da proporción de estúpidos entre os poderosos, tendo en conta que unha fracción alta dos votantes, son asemade estúpidos. Só así se explica que a xente vote a persoas imputadas en causas por corrupción ou a personaxes como Berlusconi. Ningún sistema é perfecto.

Para Carlos Cipolla, hai catro categorías de humanos, coas súas respectivas gradacións. Os coitados, os intelixentes, os malfeitores e os estúpidos. Os coitados cos seus actos benefician ó próximo e perxudícanse a si mesmos. Os malfeitores perxudican ó próximo e benefícianse a si mesmos. Intelixentes: beneficio propio, beneficio alleo. Estúpidos: perxuizo propio e alleo.

Os titulares que cómpre aturar a raíz de cada proceso electoral constatan a operatividade das teorías do italiano. Para unha parte importante de electores e elexidos, o sistema democrático de votacións foi válido para elexir a Francisco Camps, pero non para elexir a Bildu, poñamos por caso. E día tras día debemos escoitar falacias somellantes. Primeira lei fundamental da estupidez humana: “Sempre e inevitablemente, cada un de nós subestima o número de individuos estúpidos que hai en circulación”.

 

Diana Varela Puñal.-


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS