Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

SEGUNDO UGT

As mulleres galegas perciben un salario medio un 23% inferior ao dos homes

22.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

As mulleres galegas perciben de media un 23 por cento menos de salario que os seus compañeiros homes, o que en termos absolutos supón anualmente uns 4.700 euros menos, segundo denunciou este martes o sindicato UGT.

Con motivo da celebración o mércores do Día Internacional pola Igualdade Salarial, UGT recordou que, para cobrar o mesmo que un home, a muller debe traballar máis dun ano, en concreto, 53 días máis.

A brecha salaria, apunta UGT, dáse en todas as autonomías, dado que a ganancia media anual das mulleres está entre un 20 e un 30 por cento por debaixo da masculina. As maiores diverxencias están en Asturias e Madrid, mentres que as menores se sitúan en Canarias e Baleares.

Segundo os datos do ano 2010, o 33,4 por cento das mulleres perciben ingresos salariais menores ou iguais que o Soldo Mínimo Interprofesional, mentres que esta porcentaxe é do 21,9 por cento no caso dos homes.

Entre os motivos, o sindicato recordou que as mulleres ocupan "postos de menor valor engadido", con contratacións precarias, maior taxa de temporalidade e maior peso da contratación a tempo parcial.

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Entre os datos que destacou UGT atópase que a contratación a tempo parcial abrangue a un 19,8 por cento das mulleres e a un 5,3 por cento dos homes, o que supón que o 76,5 por cento das contratacións que se realizan a tempo parcial corresponden a mulleres.

Así mesmo, a muller con contrato temporal percibe unha media duns 13.360 euros ao ano, mentres que os homes coa mesma contratación perciben uns 15.430 euros.

En España, unicamente o 6,73 por cento son mulleres nos postos de alta dirección e as mulleres nos consellos de administración das empresas Ibex 35 supoñen só o 10,13 por cento.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS